A Xunta promove unha campaña divulgativa da TDT  
Especialmente enfocada cara o rural, a campaña divulgativa da Xunta de Galicia sobre a TDT e o Plan de Banda Larga percorre diversas localidades galegas para aproximar as tecnoloxías da comunicación aos cidadáns.

A Xunta de Galicia está a desenvolver en todo Galicia, especialmente no rural, unha campaña de divulgación da Televisión Dixital Terrestre e do Plan de Banda Larga, para aclarar calquera dúbida que poida haber e solucionar problemas técnicos puntuais.

Na unidade móbil da campaña, viaxan técnicos e informadores que visitan núcleos de poboación que a priori puideran ser problemáticos, organizando reunións dentro do vehículo ou no exterior para comprobar a recepción, informar da situación específica e, no caso necesario, efectuar as comprobacións e correccións correspondentes.

Ó éxito xeral da implantación da TDT en Galicia engádese esta campaña informativa, precisamente para atender casos específicos e puntuais.

GD
2010-03-11