Notas
-
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, presentou a intervención do prestixioso pedagogo Francesco Tonucci titulada O alumnado competente para a vida, no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia.
-
O evento, que co-patrocina a Deputación de Ourense, ten este ano como lema “Escritoras nos comenzos do século XXI”. Lémbrase tamén a figura de Carlos Casares, creador dos Encontros, e Marcos Valcárcel, continuador do evento que acada a 23ª edición.
-
ADNideas, iniciativa do coworking da Consellería de Cultura, baixo o título CreaActiva, diríxe estes obradoiros dos días 17, 18 e 19 de maio a nenas e nenos de 12 a 14 anos que traballarán en equipo na xeración de ideas aplicables e no desenvolvemento de habilidades persoais. -
Trátase dun sistema europeo polo que se establece o procedemento a seguir por aquelas empresas galegas que desexen acollerse a este sistema de certificación ambiental e que estará dotado cunha liña de axudas de 3.6 millóns de euros.
-
A Consellería de Cultura e Educación e mais a Universidade de Belgrano amplían a súa colaboración en prol da promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.
-
Destaca o investimento de 4,4 millóns de euros para as administracións locais que melloren os parques empresariais instalados nos seus termos municipais, o que supón duplicar o orzamento do exercicio anterior destinado a este fin. Investiranse 10,2 millóns de euros en obradoiros de emprego, que suporán a creación de 1.000 empregos.
-
Manquiña recordará a figura de Roberto Vidal Bolaño coa lectura do manifesto "Teatro do aquí" e a interpretación dunha pasaxe de "Días sen gloria". O grupo de música antiga Resonet interpreta varios poemas de "Cantares gallegos" de Rosalía. -
O presidente do Banco Sabadell, Josep Oliu, presenta a Feijóo unha estratexia de crecemento en Galicia e trasládalle o compromiso co mantemento do nivel de emprego do Banco Gallego. Feijóo pide fluidez do crédito para familias e emprendedores. -
Nuncabunga, de Elefante Elefante e dirixido a nenos a partir de 3 anos, vén de ser recoñecida nos Premios María Casares de teatro como mellor espectáculo do ano. Estréase o 7 de xuño na Cidade da Cultura. -
A mostra Palillando no Camiño reúne uns 200 traballos feitos polas integrantes de oito asociacións de palilleiras procedentes de diferentes comarcas da provincia lucense e ofrece demostracións en vivo e leccións prácticas sobre esta típica artesanía. As pezas son maioritariamente de inspiración tradicional galega, pero tamén belga ou danesa.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
