Notas
-
rátase da décimo catorce edición desta party informática, que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela entre o 10 e o 12 de maio, dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Promóvense actividades de orientación á formación e ao fomento do emprendemento entre a xuventude. -
Un stand de 504 metros cadrados potencia e dá a coñecer a calidade dos produtos da pesca, da acuicultura e do agro de Galicia nesta feira de produtos de alta gama, tanto no mercado español como no europeo. Esta promoción inclúe actividades de degustación de castaña e caldos, entre outros.
-
Esta residencia artística, que converte a Illa de San Simón nun espazo para o encontro e o diálogo cultural entre alumnado de Música da Universidade francesa e músicos do centro redondelán, enmárcase no proxecto europeo Voz da Travesía.
-
Vicerreitores das tres universidades galegas reuníronse con membros da Secretaría Xeral de Universidades para planificar co tempo necesario o mapa de graos que existirán en Galicia a partir do curso 2015-16. As Universidades achegarán propostas de cambios dos actuais títulos de grao ata xuño. -
A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de solicitarlle a Google a tradución ao galego do sistema operativo Android, no marco do Plan de Software Libre 2013. -
O Gaiás acolle o programa formativo Creación e consolidación de industrias culturais e creativas, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Cámara de Comercio de Santiago e que se desenvolve na Biblioteca e Arquivo de Galicia.
-
Turismo de Galicia participa os días 6 e 7 de abril na feira Mundo Abreu, de Lisboa, un dos eventos turísticos máis importantes do país veciño no eido da comercialización turística, e tamén o fai no Salón Meedex de París. -
O Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela acolleu o acto, no que o secretario xeral de Cultura puxo en valor “o traballo imprescindible de todos os que fan posible a promoción e difusión do libro e da lectura en galego”.
-
Dirixida pola emprendedora Mariela Villar Romarís, a nova firma dedicarase á innovación e á excelencia en coaching a través de diversas actividades centradas no Camiño de Santiago. A iniciativa xurde no espazo de coworking Emprende Cultura Gaiás para fusionar o crecemento persoal e o auto-coñecemento. -
O programa recolle tres liñas básicas de actuación: apoio á innovación organizativa e de xestión avanzada; apoio á innovación tecnolóxica e calidade; e apoio á innovación de proxectos de colaboración.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
